
Alicia Babarro, coñecida como Bgirl MiniAli, é unha destacada bailarina ourensá que, con só 14 anos, destaca con forza na escena nacional e internacional.
MiniAli, que practica Breaking desde os 6 anos, acumulou numerosos logros, especialmente durante os anos 2023 e 2024. Compite a nivel nacional e internacional tanto en eventos e campionatos da escena tradicional – de maneira individual ou coas súas crews “Fresh Designs” e “Terminal 21”- como no circuito federativo representando ao Club Da Rúa e ao Team Spain.
Foi campioa de España en categoría B-Girl Youth (sub-18) nas súas dúas últimas edicións (2023 e 2024) e en outubro do pasado ano, alcanzou o top 32 no Mundial Sub 18 celebrado en Wuxi, China, ocupando actualmente o posto 25 na clasificación mundial sub 18 e o 6ª no Junior II, sendo a primeira Bgirl europea que figura na devandita clasificación.
Tamén gañou dous anos consecutivos a Liga Xunta de Galicia, en 2021 e 2022, nas categorías de iniciación e intermedio respectivamente. E xa en categoría avanzada, e competindo contra adultos, conseguiu o 3º posto en 2023 e 2º posto en 2024.
Na escena tradicional logrou grandes resultados e primeiros postos en eventos como Duelo en el Desierto (Almería), Born 2 Break (Perpignan), Break on Stage (Barakaldo), Liga MXM (Porto), Who Rules International (Salceda), World Battle 2024 (Porto) e premio promesa en O Marisquiño 2024 (Vigo) entre outros.
