
Elfo (Eloi Fernández), é un mozo cambadés que destaca internacionalmente como referente da modalidade de Powerfree dentro da disciplina de Street Workout, sendo o vixente campión das coñecidas Iberian Battles e participando en gran cantidade de campionatos internacionais e mundiais onde acumulou varios podios, situando a Galicia como referente neste deporte urbano.
