Venres 19
Brief info
🔥 ANDRÉ GS no Compostela Street!
🔥 ANDRÉ GS no Compostela Street!
O venres 19 de setembro, a Music Área vibra co son fresco, íntimo e envolvente dun dos artistas máis prometedores da nova escena urbana galega: @ags_notsolddd
💥 Honestidade, melodía e identidade propia.
André é voz e emoción, un artista que mestura rap, pop e electrónica cunha sensibilidade única. Letras que falan de ansiedade, amor ou identidade cunha linguaxe contemporánea e sen artificios.
A súa música nace da necesidade de expresarse sen medo, co foco posto na autenticidade. E en directo, transforma cada tema nun espazo onde compartir, vibrar e conectar de verdade.
Este setembro, emoción e verdade a flor de pel.
🗓️ Venres 19
📍 Campus Sur – Santiago de Compostela
🎟️ Entrada libre #compostelastreet
