O Festival

O Festival

Compostela Street é un dos festivais de cultura urbana e deportes extremos con maior repercusión a nivel nacional. Este evento terá lugar os días 19, 20 e 21 de setembro de 2025 en Santiago de Compostela, nun emprazamento inmellorable como é a contorna das pistas deportivas do Campus Sur Universitario da USC.

O festival que é de entrada libre, contará con ata 10 disciplinas urbanas e reunirá a preto de 500 competidores que tomarán protagonismo nas diferentes probas internacionais, nacionais e autonómicas de disciplinas como o Street Workout (campionato internacional), Breaking (campionato de España e Final da Liga Galega), Skate ou Basket 3×3.

A parte das competicións deportivas, a programación inclúe gran variedade de propostas culturais como concertos de música urbana, certames de Beatbox (Open Nacional), Freestyle (Open Galego) e exhibicións de Street Art, ademáis dunha zona de talleres (Kids Área) e parques urbanos (Open Park Área) abertos á participación, onde haberá una pista PumpTrack (para BMX, Skate, Roller e Scooter), un Parkour Park ou unha Pista de Street Football.

En canto á oferta de lecer, o evento terá outros servizos como un Street Studio (estudo de gravación e produción musical), unha Street Barber, unha zona gastro con Foodtrucks e un Street Market que estarán situados no perímetro do estanque do campus, próximo ás pistas deportivas.

0
Disciplinas
0
Competidores
0
Visitantes

Preguntas Frecuentes

A entrada ao concerto é de pago?

Non, a entrada para os concertos serán de balde, así como a participación en obradoiros culturais e acceso aos parques urbanos situados na zona do “Open Parks”.

Os menores poden participar no evento?

Sí, pero para  participar nas competicións, os menores de 16 anos terán que dispoñer dunha autorización do tutor/tutora legal que deberán aportar á organización encargada da proba na que desexen participar. Informamos que en base ás últimas actualizacións lexislativas e a Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia xa non será necesario acudir con follas de autorización de menores para acceder ao festival. Tampouco será necesario e imprescindible que os menores de 16 anos acudan acompañados dun adulto responsable.

Como podo chegar ao evento?

Poderás moverte pola cidade e chegar ao evento usando as liñas de bus urbano. Concretamente a liña 15 é a que pasa polo Campus Sur (onde está o evento) de luns a venres cada 20 minutos desde as 08:30 ata as 22:30 h. (excepto o sábado que pasa cada 30 minutos desde as 08:30 ata as 15:30 h.).

Onde podo aloxarme?

Nesta web recomendaremos diferentes hospedaxes ubicados preto da ubicación do evento ou que teñan boa conexión por transporte público. Recomendamos que estés atento ás nosas redes sociais e ao noso blog!

Onde podo comer e beber?

No Compostela Street temos unha Gastro Área con foodtrucks que ofrecerán comida variada e para todos os gustos incluíndo opcións veganas. Tamén teremos unha xeadería e un posto de café do bo. Tamén dispoñeremos dunha barra con bebidas e refrescos de todo tipo, pero se prefires beber da fonte pois tamén tes esta opción dispoñible!

Podo competir en calquera competición?

Si, pero hai competicións que requiren unha clasificación previa, unha licenza federativa activa ou o pago dunha cota de inscrición. Se estás interesado en participar nalgunha proba, consulta os requisitos na apartado web correspondente a cada unha das probas.

Convidados

Para recoller a túa invitación, tes que dirixirte á taquilla de información de información e mostrar a túa carta/email de invitación. Alí estarán encantados de acreditarche para que poidas gozar do evento ao 100%.

Que teño que facer para acceder á zona VIP?

Poderás acceder á zona VIP mercando o VIPpass para 1 o 2 días dispoñible so na taquilla do evento ata finalizar existencias.

Podo acceder ao evento con comida ou bebida?

Si, excepto ás zonas deportivas. Para acceder aos concertos estará prohibido o paso con envases ou vasos de vidro. Lembra que haberá puntos limpos para refugar correctamente os residuos orgánicos e os envases de plástico.

Podo acceder ao evento en cadeira de rodas?

Por suposto, o emprazamento do evento permite chegar a todas as zonas sen barreiras arquitectónicas e ademais habilitaremos accesos prioritarios e prazas de aparcamento reservadas PMR. Se necesitas máis información podes contactar connosco no formulario web e estaremos encantados de axudar no que sexa posible para que a túa experiencia no Compostela Street sexa inesquecible!

Qué está prohibido introducir no evento?

Prohíbese a entrada no recinto do festival con obxectos como armas, drogas ilegais, materiais inflamables, produtos pirotécnicos, obxectos punzantes ou perigosos, e calquera outro artigo que poida supoñer un risco para a seguridade dos asistentes.

Pódese acceder ao evento con mascotas?

Por suposto, somos pet friendly (a menos que teñas un tiranosaurio rex como mascota). Lembra que no recinto haberá zonas con música amplificada que pode ser molesta ou daniña para a túa mascota, pero tamén dispoñeremos de áreas de descanso, restauración e lecer onde seguro que estaredes chill e gozando a tope do festival.

Podo cubrir o evento con fotografía e/ou vídeo?

Por suposto! pero para acceder a algunhas áreas restrinxidas do evento deberás acreditarte previamente no apartado web "Prensa", ou en persoa na taquilla do evento.

Se necesito axuda médica durante o evento, que fago?

Se necesitas asistencia médica durante o evento, busca o posto de primeiros auxilios ou achégache ao persoal de staff ou de seguridade do evento para que poidan brindarche a axuda necesaria.

Se perdo algún obxecto persoal que podo facer?

En caso de perda de obxectos persoais, podes dirixirche aos postos de información e preguntar alí para que o persoal poida asistirche e axudarche en todo o necesario.

Que facer en caso de desaloxo?

En caso de desaloxo, é importante seguir as indicacións e as instrucións do persoal de seguridade ou do persoal do festival. Mantén a calma e diríxete ás saídas de emerxencia ou ás zonas designadas para o desaloxo de maneira ordenada e segura.

Que facer en caso de altercado ou se presencio un roubo?

Se presenzas a alguén roubando ou causando disturbios, recomendámosche informar inmediatamente o persoal de seguridade do evento. Non interveñas directamente, xa que poderías poñer en risco a túa propia seguridade. Deixa que os profesionais se encarguen da situación.

precisas máis información? contacta connosco!

    gl_ES