
Durante o Compostela Street poderás gravar un tema no Street Studio da man de Noize Burner, produtor do estudo Gerion Productions afincado na Coruña, onde tamén se realizan talleres de Dj e produción musical.
Este estudo conta con artistas da talla de Erin (Comando Katana), Lle33 (LeSoul), Chelico e outros artistas de renome a nivel nacional. Noize Burner está moi presente en plataformas como Spotify con medio millón de reproducións e en Youtube onde acumula xa 120.000 visitas.
Non deixes de achegarche ao Compostela Street para gozar de propostas como a que nos ofrece Gerion Productions, un estudo que cada ano aposta por innovar e sacar o mellor son, acompañando a moitos artistas que xa forman parte deste gran proxecto que abarca toda unha cultura.



