Sábado 20

Brief info

🔥 C MIRAZO no Compostela Street!
O sábado 20 de setembro, a Music Área recibe a un dos nomes máis auténticos da escena urbana galega: pioneiro do trap en galego e dono dun estilo que leva selo propio.

💥 Son galego, voz da rúa e mensaxe real.
@c_mirazo medrou co rap, pero non se quedou aí. Explora o trap, o drill, o reggaeton ou o afro beat con letras que non contan ficción: contan vida.

Do barrio ao mundo. Da emigración á superación.
A súa música fala de raíces, loita, identidade, paternidade, drogas, futuro… sen máscaras e sen censura.

Este setembro, non é só música. É verdade en directo.

🗓️ Sábado 20
📍 Campus Sur – Santiago de Compostela
🎟️ Entrada libre!

gl_ES